Analizando frases!

Aproveitando que dispoñemos de máis tempo, estamos analizando cada día o significado de diferentes oracións.

Deixovos a de onte e a de hoxe!

Estou segura de que todo esto quedará nos seus subconscientes. Cada día somos mellores!

Anuncios

Aproveitando momentos!

Xa estamos na recta final, e estes días estamos aproveitando mais que nunca os momentos que nos quedan xunt@s.

Seguimos coas lecturas voluntarias. Emocióname ver como hai tant@s e tant@s nen@s que queren ler!

Ademáis, Carme quixo ensinarnos dous trucos de maxia!

E Carlota e Lucas V. compartiron as suas aventuras con nós.

Lucas V. ensinouno un cartucho que atopou nunha viaxe a Cantabria.

Carlota explicounos a gran labor que fixo na fin de semana, recollendo plásticos que estaban na natureza!

Grazas a tod@s!!

Celebracións!

Que mellor forma de empezar a semana que festexando os aniversarios de Aitor e Mateo?

Aitor trouxo un biscoito boísimo, e Mateo unhas magdalenas deliciosas! Puxémonos as botas!

Grazas rapaces!

Ademais, hoxe estivemos facendo cálculo e repasando conceptos matemáticos. Para concentrarnos mellor puxemos música de relaxacion. Mentres a música soaba, so se podía escribir e manter a atención nos exercicios. Cando paraba a música, había tempo para correccións e compartir dúbidas.

A verdade é que o fixeron fenomenal!

Natureza e novas tecnoloxías!

Seguimos cos venres de debates, e hoxe tocou facer reflexión sobre:

-Estamos coidando ben medio ambiente? (Por Diego M.)

-Novas tecnoloxías. As empregamos adecuadamente? (Por Diego C.)

Ambos temas deron moito xogo, e as intervencións por parte d@s nen@s foron moi numerosas!

Encántame escoitar as suas ideas e as solucións que plantexan aos problemas. Deberíamos ter algún nen@ representando nas altas esferas! Canto mellor nos iría!

Aquí temos aos moderadores, que por certo o fixeron excelente!

A próxima semana mais e mellor!

Parabéns!

Hoxe celebramos o aniversario de Raquel. Ainda que cumpre os 8 en verán, foi moi boa idea celebralo todos xunt@s. Disfrutamos un montón!

Merendamos unha bica riquísima e bombóns. Trouxo todo con tanto amor, que nos soupo a gloria!

Finalmente, agasallounos cun slime para facer formas! Foi estupendo.

Graciñas a Raquel e a súa familia!

Viaxe en barco!

Hoxe foi día de troula! Ainda que houbo que modificar algún que outro plan (xa sabedes, cousas do directo), soubemos sacar a parte positiva e disfrutar ao máximo da saída.

A viaxe en barco foi magnífica, e puidemos ver as diferentes partes do mesmo.

Ao chegar a Cangas puideron xogar no parque e escoitar varias charlas sobre os diferentes tipos de embarcacións e os traballos relacionados coa pesca.