Restas levando

Despois dun trimestre no que as restas formaron parte importante dos contidos de matemáticas, podemos dicir que as conclusións sobre a evolución do grupo son positivas.

Sen embargo, teño que destacar que para a maioria dos nen@s ainda se trata de algo moi abstracto e difícil de interiorizar. Por isto, creo que é esencial traballar a mecánica da resta con materiais visuais e manipulativos.

No noso grupo, ademáis de practicar moito, cada nen@ ten unha tarxeta onde pode visualizar os pasos que hai que seguir nas restas levando. Porque ainda que é algo repetitivo, ata que se interioriza é mais doado ter un apoio visual que de seguridade.

Por outra banda, para facer máis lúdicas e divertidas as prácticas, elaborei un recurso para facer as restas a través dunha plantilla.

Cada alumn@ dispón dunha funda coa plantilla, as restas, o rotulador e uns números con velcro (que serán as levadas).

1° @ nen@ rodeará a resta que quere facer

2° Colocará os números para poder operar.

3° Fai a operación poñendo os números que se leva e empregando (se é preciso) o ascensor da resta.

Este material poderán levalo a casa nas vacacións de Semana Santa para poder seguir xogando.

Porque aprender é divertido!

Anuncios

2 comentarios en “Restas levando”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s