Meditación con…

Como sabedes, levamos dende o inicio do curso practicando a meditación guiada.

Empregamos uns audios para nen@s que levan o título de “Atent@s e Tranquil@s”, e van aumentando o tempo do exercicio dependendo do nivel no que se atopen os rapaces.

A diferencia dende septembro é asombrosa. Ao principio eran capaces de concentrarse ao redor de dous minutos, con interrupcións e alteracións na dinámica. A día de hoxe poden escoitar un audio de ata 10 min e consiguen relaxarse e manterse tranquil@s.

Ben é certo que buscando estratexias de motivación, atopei unha ferramenta infalible para que a actividade fose mais apetecible. Así, hai días que facemos meditación con sugus, con nube, con bombón, con piruletas. ..e poden comer o caramelo ao rematar.

As pautas básicas para facer a meditación son:

-Postura cómoda (eu recomendo coa espalda recta ou coa cabeza acochada nos brazos).

-Pechar os ollos.

-Mans cara adiante, en posición de agradecer.

A través de este tipo de exercicios conseguimos acadar unha serie de obxectivos moi beneficiosos, non so emocionalmente, se non tamen no ámbito curricular.

-Calma: conseguimos relaxarnos en momentos como a volta do recreo, despois dunha actividade intensa, etc. So estando calmad@s podemos enfocar a atención nas tarefas que imos facer.

-Maior concentración: gracias a meditación conseguimos ‘estirar’ o músculo da atención e polo tanto ser mais conscientes de todo o que sucede dentro e fora dun mesm@, do que desexamos e do que non desexamos, do que sentimos e o que non, etc.

-Responsabilidade: serán mais reponsables e conscientes das cosas materiais, así como das suas emocións, a sua vida e a sua felicidade.

-Diminue o estrés e axuda a conciliar mellor o sono.

-Reduce a impulsividade.

-Contribue a mellorar o rendemento académico.

-Amosarán mais empatia e gratitude.

Hoxe tocou meditación con Sugus!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s