Xa somos GRANDES!

O curso é unha continua carreira de fondo traballando certos obxectivos persoais, cualidades, valores…e isto a maiores de tod@s os contidos correspondentes.

As veces é unha montaña rusa de emocións, reflexión constante sobre se estamos no camiño adecuado, se estamos a obter os resultados desexados…e chega un día no que sintes que o que sembras con esforzo ten os seus froitos.

Entre os meus retos persoais cada curso, é transmitir emocións que den lugar ao aprendizaxe, que @s nen@s sexan felices na escola para que non perdan a ilusión por coñecer, inculcar valores e comportamentos adecuados, facer persoas sensibles co que sucede ao seu arredor, en definitiva, ir un poquiño mais ala do exclusivamente curricular.

Pero…e as familias? Para min é fundamental a conexión e comunicación constante familia-escola. Estes lazos que as veces nos separan absurdamente, teñen que acurtarse ata facerse invisibles. So así, transmitiremos aos pequen@s a importancia e a grandeza de aprender.

Recibo axuda constante das familias en forma de colaboración con materiais, ideas innovadoras, concursos para poder realizar cos nen@s, palabras alentadoras e incluso críticas construtivas. Grazas a eso somos UN e traballamos cun único obxectivo: O ben dos nos@s pequen@s.

Sen dúbida non podo facer mais que agradecervos o compartides, o que aportades e que facedes por non quedar ao marxe do proceso de ensinanza-aprendizaxe d@s cativ@s. Sei que estamos no bo camiño!

GRAZAS!

*Na seguinte entrada tedes unha colaboración familiar.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s