Roteiro por Vigo

Hoxe tivemos a agradable sorpresa de facer unha excursión pola nosa cidade!

Quería que non o soubesen, así que intentei aguantar sen dicir nada ao longo de duas semanas!! Mereceu a pena, porque estaban emocionadísimos, e coido que foi un estupendo fin de trimestre.

Percorremos en autobús os lugares mais emblemáticos de Vigo, ao mesmo tempo que contamos a historia de cada un deles. Explicamos os límites do barrio de Coia, Navia, Bouzas e Alcabre. Pasamos pola praia de Samil e coñeceron os principais astilleros. Por outra banda camiñamos polo centro da cidade, subindo pola rúa Real ata a praza da Constitución, onde paramos a merendar e descansar.

Despois do «tentempié» paseamos por Príncipe ata a Farola de Urzaiz, onde collemos o bus para ir a coñecer o «Castillo do Castro».

A dicir verdade, foi unha visita moi intensa e chea de cousas novas e descoñecidas para moit@s d@s pequen@s.

Vos animades a recorrer a cidade en familia e que @s vos@s fill@s sexan @s guías?

4 comentarios en “Roteiro por Vigo”

Deja un comentario